DUA

Nesta páxina facilítase unha táboa na que se resaltan explicitamente todas as accións orientadas á inclusión de todo o alumnado a través do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). Por suposto, isto non quita que o profesorado que queira aplicar este REA deba adaptalo á realidade da súa aula en concreto. Dentro do meu TFG pódese atopar esta mesma táboa e máis información ao respecto:


PRINCIPIOS E PAUTAS DO DUA

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

Proporcionar múltiples formas de implicación

 

Proporcionar opcións para o interese

- A diversidade de temáticas das obras ofertadas, aínda co denominador común da diversidade sexual, pretende responder aos gustos e intereses de todo o alumnado.

-  As actividades propostas buscan unha aprendizaxe significativa, contextualizada e motivadora.

Proporcionar opcións para soster o esforzo e a persistencia

- As actividades poden intercalarse no horario para non cansar ao alumnado durante a consecución dunha moi longa.

- As actividades de busca de información alimentan a curiosidade do alumnado, animando a seguir investigando e aprendendo,  incluso fóra da aula.

- O resto de actividades pretenden ser interesantes e entretidas, á par de esixir un esforzo adecuado e necesario para a consecución das aprendizaxes.

Proporcionar opcións para a Autorregulación

- As constelacións literarias dan liberdade ao alumnado de seguir un itinerario de lectura propio e individual.

- O diario de lectura permite establecer un obxectivo de lectura diario que promove a autorregulación. Amais, a aprendizaxe desta ferramenta metodolóxica permite ser empregada fóra da aula.

- Certas actividades creativas, individuais e grupais, comprenden certo grao de toma de decisións. Amais, o traballo grupal xa é en si mesmo unha forma de desenvolver a autorregulación do grupo.

Proporcionar múltiples formas de representación

 

Proporcionar opcións para a Percepción

- As lecturas comúns serán lidas na aula, para complementar linguaxe oral e escrita.

- A Constelación Corada inclúe obras de diversas disciplinas artísticas como libros, cómics, series, películas, curtametraxes, cancións etc.

- Algunhas obras escritas están dispoñibles en formato dixital, polo que poderían ser accesibles de forma oral a través dun lector de texto a voz.

Proporcionar opcións para a linguaxe, expresións matemáticas e símbolos

- Seguindo o TIL, na constelación propóñense obras en galego, inglés e castelán.

- As obras son de niveis lectores diversos para que todo o alumnado da aula poda atopar unha acorde ao seu.

Proporcionar opcións para a Comprensión

- As lecturas comúns serán lidas na aula, para complementar linguaxe oral e escrita.

- As obras escritas soen ser acompañadas por debuxos que axudan á comprensión, como os cómics ou álbums ilustrados.

Proporcionar múltiples formas de Acción e Expresión

 

Proporcionar opcións para a acción física

- Deseñáronse actividades que permiten o movemento físico, como representacións teatrais ou danzas, que poden ser realizadas por calquera persoa  sexa cal sexa a súa capacidade física.

Proporcionar opcións para a expresión e a comunicación

- Propóñense numerosas actividades orais (como as charlas dialóxicas) e escritas (como o diario lector)

- O alumnado pode escoller o formato de diario lector que desexe (escrito, a través de audios, vídeos...).

- Existen actividades de expresión artística literaria, plástica e musical.

- O resto de actividades son susceptibles de ser adaptadas ás necesidades de cada alumnado.

Proporcionar opcións para as funcións executivas

- O emprego do diario lector axuda a fomentar as funcións executivas ao permitir o autorregulamento da lectura, así como ao desenvolvemento da CAA ou CPSAA.

- As actividades moi longas aparecen divididas por pasos. As preguntas concretas das charlas dialóxicas poden ser presentadas dunha en nunha. O uso do diario lector durante as charlas tamén fomenta a organización mental e complementa a memoria de traballo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Menudo lío con Heartstopper...

  Ilutració n da cuberta do tomo 4 de Heartstopper, de Alice Oseman Sigo vivo! E a Constelación tamén, o que pasa é que vou lento... Pero qu...